A todas as organizacións e colectivos interesados na defensa da sanidade pública

Last modified date

O próximo 17 de outubro están previstas mobilizacións en todo o Estado en defensa dun sistema sanitario público, universal, democrático e á marxe do ánimo de lucro.

Os problemas son similares en todo o estado: financiamento deficitario, deterioración, privatización, insuficiencia de cadros de persoal, etc., que se agravaron coa crise do Covid.

A 6 meses do inicio da pandemia, as administracións sanitarias non tomaron as medidas que o sentido común dita como necesarias para que non se repita o caos desta primavera. Atopámonos de novo co sistema ao bordo do colapso en moitos territorios, o que implicará mortes evitables, que como sempre ocorre afectarán máis á clase traballadora e aos sectores excluídos.

É hora de esquecer diferenzas e loitar todos unidos contra as causas da destrución programada do Sistema Nacional de Saúde: a derrogación das leis privatizadoras que permiten que os recursos económicos vaian parar ás empresas privadas de sempre.

Derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade.

Asembleas cidadás semanais fronte aos centros sanitarios.

Preparemos as mobilizacións estatais descentralizadas do próximo 17 de outubro.

Puntos da campaña NUNCA MÁIS MORTES EVITABLES, NUNCA MÁIS PRIVATIZACIÓNS:

  • Derrogación da lei 15/97 e do artigo 90 da lei Xeral de Sanidade. Rescate de todo o privatizado. Atención primaria centrada na saúde colectiva. Supresión das redes paralelas. Incompatibilidade público-privada. Fóra as empresas da sanidade.
  • Por unha industria sanitaria e farmacéutica pública.
  • Sanidade para todxs, independentemente da situación administrativa.
  • Coidados dignos para a nosa xente maior.
  • Por un sistema sanitario centrado nos determinantes sociais da saúde e a enfermidade.

http://www.casmadrid.org/images/campanas/nunca_mas_muertes/1-PUNTOS%20y%20MANIFIESTO%20NUNCA%20MAS.pdf

Contacto.

Share