A loita pola vivenda é a loita pola saúde. Liberdade para Ruyman
Basta xa de represión aos movementos pola defensa dos dereitos básicos.
A loita que desde hai anos desenvolve o Sindicato de Inquilinos de Gran Canaria (SIGC) xunto coa FAGC enmárcase dentro da loita polxs e coxs máis desfavorecidxs desta sociedade, loita que supuxo un salto cualitativo nas resistencias populares, xa que logo se enmarca nun contexto de implicación con quen sofren esa necesidade. Neste caso non se trata de loitar por/con aquelxs que non poden pagar unha hipoteca, senón por/con aquelxs que nunca soñaron con poder ter unha hipoteca, que tamén son xs mesmxs que teñen máis probabilidades de ter menos acceso ao sistema sanitario. Neste sentido, a loita polo dereito habitacional para xs excluídxs é irmá da loita por un acceso ao sistema sanitario en condicións de igualdade.
Hai similitudes na loita pola vivenda do SIGC coa loita para ofrecer asistencia sanitaria á marxe do Estado que levan a cabo xs compañeirxs gregxs a través da posta en marcha de decenas de consultorios sociais autoxestionados e farmacias de barrio. En ambos casos trátase de tomar os problemas nas nosas mans e resolvelos, ante a inacción da Administración. E iso é xusto o que máis dano fai ao Estado e aos seus satélites: demostrar que é posible garantir os dereitos básicos sen a súa intromisión.
Ademais a loita polo acceso á vivenda e a loita polo acceso á asistencia sanitaria non só están irmandadas por ser unha demanda de dereitos básicos e universais. Vivenda e saúde están unidas intimamente en tanto que a primeira é un determinante social fundamental da segunda, como demostra a evidencia científica desde hai máis de vinte anos, tanto a nivel xeral1 como factor de risco específico para enfermidades respiratorias2 ou desenvolvemento de hipertensión arterial3. A vivenda non é polo tanto algo opcional nin un luxo, senón parte fundamental para que todxs podamos ter unha vida digna e íntegra.
É por isto que desde a CAS denunciamos as políticas represivas de todos os gobernos contra todxs aquelxs que estamos na rúa defendendo a cobertura das necesidade básicas da poboación, sexa acceso ao sistema sanitario, á vivenda, á auga, á alimentación ou á enerxía/electricidade.
Curiosamente o Estado descarga a súa represión contra todxs nós, xa sexa con detencións, con montaxes policiais ou aliándose cos nazis para rebentar as nosas mobilizacións.
Como di Ruy: «Ningún papel nin barrote puideron machucar nunca o instinto de supervivencia e a urxencia de conseguir comida, teito e abrigo. A miña condena tampouco o logrará».4
Facemos un chamamento a todos os individuos e organizacións sensibilizados para coordinarnos, organizarnos e plantar cara á represión do Estado e contra o fascismo en todos os puntos do Estado.

Referencias
- Rolfe et al. Housing as a social determinant of health and wellbeing: developing an empirically informed realist theoretical framework. BMC Public Health. 2020. 20:1138
- Blane et al. The “inverse housing law” and respiratory health. J Epidemiol Community Health 2000;54:745–749
- Mitchell et al. Elevated risk of high blood pressure: climate and the inverse housing law. Int J Epidemiol 2002 Aug;31(4):831-8
- https://www.portaloaca.com/opinion/15413-un-juicio-ruyman-rodriguez.html