Colabora
Axúdanos a loitar contra a privatización da Sanidade
A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade-CAS xorde en 2004 para loitar contra o proceso de deterioración e privatización da sanidade, que está a ter graves repercusións na poboación e cuxo obxectivo é converter a saúde en negocio para uns poucos.
En CAS colaboran usuarias, pacientes, traballadoras e profesionais de sanidade, que dedican parte do seu tempo libre a este proxecto.
Somos absolutamente independentes. Non aceptamos subvencións económicas de ningún grupo político, empresa ou Administración. Mantémonos exclusivamente con achegas e traballos voluntarios. Consideramos isto absolutamente imprescindible para manter a independencia e poder denunciar os procesos de deterioración e privatización da sanidade, sexa quen sexa quen a leve a cabo.
Por iso, necesitamos apoios e recursos para elaborar e difundir as nosas campañas, iniciativas e toda a información que estamos a xerar, para poder chegar ao máximo número de persoas e organizacións.
Formas de colaborar:
Difundindo a nosa información, colaborando en actos, charlas, participando nas mobilizacións…
Difundindo:
CAS informa puntualmente a través da súa web www.casestatal.org do proceso de desmantelamento e privatización que se está levando a cabo na sanidade pública.
Se queres recibir por correo electrónico a información para difundila e así axudar ao coñecemento e a toma de postura da poboación ante este proceso de enorme gravidade, escribe dende o noso formulario de contacto indicando o teu nome e se es usuaria ou traballadora da sanidade pública.
Ademais de colaborar nas tarefas de sensibilización e denuncia que realizamos, precisamos de axuda para organizar charlas, distribuír propaganda, accións, etc.
Apoio técnico:
Participación no traballo da Coordinadora como voluntaria:
- Traballadoras do sector sanitario
- Avogadas
- Tradutoras
- Economistas
- Sociólogas
- Arquitectas
- Informáticas
- Maquetadoras
- Outras que se che poidan ocorrer
Se queres participar como voluntaria, escríbenos dende o noso formulario de contacto indicando o teu nome e a tarefa na que desexas colaborar.
Colaboración económica:
Para levar a cabo as nosas campañas precisamos recursos. Se estás de acordo cos nosos obxectivos, pedímosche que nos apoies na medida das túas posibilidades, ben mediante colaboracións esporádicas ou con subscricións anuais. Se estás interesada escríbenos dende o noso formulario de contacto.
Tamén podes contribuír directamente na nosa conta: ES08 3058 1930 0927 2001 3932.